30 marzo 2014

VOLTA CICLISTA A ESPAÑA

A VOLTA CICLISTA A ESPAÑA ACHÉGASE

 AO COLEXIO SAGRADA FAMILIA DE ALDÁN 


Con motivo da chegada dunha etapa da Volta Ciclista a España a Cangas, a empresa organizadora, presentou no Colexio SAGRADA FAMILIA DE ALDÁN, a Volta Junior Cofidis.
Esta Volta está dirixida a nenos de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e  consta de dúas sesións: unha teórica e outra práctica. Na primeira, Ramón Troncoso, ex ciclista profesional, explicou aos alumnos nocións básicas de seguridade vial, características e curiosidades do deporte do ciclismo, como é o día a día do ciclista, a súa alimentación, entrenamentos, etc. Na segunda sesión os alumnos puxeron a prueba a súa habilidade realizando unha gymkhana deseñada dentro do patio do colexio.
De entre todos os alumnos que participaron nesta actividade,  levouse a cabo  unha selección que poderá participar na Volta Junior.
A Volta Junior percorrerá os dous últimos kilómetros polos que pasarán pouco despois os ciclistas profesionais que estean disputando a etapa da Volta Ciclista a España que remata en Cangas. Todos os participantes recibirán agasallos e os que mellor fagan o percorrido irán ao mesmo pódium ao que subirá después o vencedor da etapa e o líder da Volta. Tanto nenos como pais contarán cunha zona  especial para que poidan disfrutar do acontecemento deportivo.
Esta actividad fue acollida por todos os alumnos do colexio Sagrada Familia, con gran entusiasmo e aceptación, disfrutando e sentíndose ciclistas por un día.



VOLTA CICLISTA SAGRADA FAMILIA ALDÁN - Video Maker

A NOTICIA FOI PUBLICADA NOS DIFERENTES MEDIOS DE COMUNICACIÓN
SE PREMES ENRIBA DAS IMAXES PODERÁS LER A NOTICIA NOS XORNAIS DIXITAIS


http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2014/03/29/escolares-aldan-haran-dos-ultimos-kilometros-vuelta-ciclista/0003_201403V29C9998.htm 

http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2014/03/28/colegio-sagrada-familia-aldan-abre/994419.html