1º MEETING POINT ALDÁN from pilarbaston on Vimeo.
O Colexio Sagrada Familia está situado na ría de Aldán, no concello de Cangas de Morrazo. Dende fai anos traballamos na educación dos nenos/as tendo como obxectivo, non somente ensinar coñecementos, senon e sobre todo transmitir valores de respeto, de saúde, de tolerancia, de sociabilidade... Espero que disfrutedes desta nova zona de contacto.
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ALDÁN
04 febrero 2013
1º MEETING POINT GALICIA
DESPOIS DESTA PRIMEIRA EXPERIENCIA ENTRE OS ALUMN@S DOS DIFERENTES COLEXIOS,QUEREMOS LEMBRAR ALGÚNS DOS MOMENTOS QUE PASAMOS XUNTOS .
25 enero 2013
DÍA DA PAZ
Durante estas semanas levamos realizando traballos cara celebrar o día da Paz e da Non Violencia.
O lema elexido este ano ten moito que ver con dúas palabras:
TRABALLO E PAZ
O COLEXIO SAGRADA FAMILIA DE ALDÁN TRABALLAMOS POLA PAZ
UTILIZAREMOS COMO SÍMBOLO DE PAZ O ARCO DA VELLA, QUE COAS SÚAS CORES NOS TRANSMITEN DESEXOS DE PAZ E AMOR UNIVERSAL.
TAMÉN TRABALLAMOS COA MÚSICA, APRENDEMOS O HIMNO DA ALEGRÍA, A CANCIÓN QUE NA ACTUALIDADE REPRESENTA A COMUNIDADE EUROPEA E QUE FORMA PARTE DO 4º MOVEMENTO DA 9º SINFONÍA DE BEETHOVEN.A SÚA LETRA E MELODÍA FALAN DA IRMANDADE, DA IGUALDADE, DA PAZ E DO AMOR ENTRE OS HOMES DO MUNDO.
ESTAS SON ALGUNHAS FOTOGRAFÍAS QUE AMBIENTARÁN O NOSO CENTRO DURANTE ESTAS SEMANAS .
A PAZ DEPENDE DE TI
MANS UNIDAS
PARA A PAZ
BEETHOVEN COMPUSO UN HIMNO PARA A PAZ
CHEGOU O DÍA DA CELEBRACIÓN, QUE ANQUE ESTABA FRÍO, CUBREUSE DA CALOR DA NOSA COMUNIDADE EDUCATIVA.
ASI FOI......
DIA DA PAZ VIDEO from SAGRADA FAMILIA on Vimeo.
Etiquetas:
CELEBRACIÓNS ESCOLARES,
DÍA DA PAZ
28 diciembre 2012
BO NADAL
Durante estes días celebramos as festas do Nadal.
Estas son algunhas das mostras que no noso cole se levaron a cabo para celebrar estas datas.
Postais informática 4º ESO
Postais dixitais 3º ESO
Estas son algunhas das mostras que no noso cole se levaron a cabo para celebrar estas datas.
Postais informática 4º ESO
Postais dixitais 3º ESO
01 diciembre 2012
PREPARÁMONOS PARA O NADAL
















Un ano máis celebramos as Festas do Nadal con moita ilusión e a "contrareloxo".
O mes de decembro faise moi corto e temos que intentar compaxinar os exames cos ensaios, cousa moi difícil.
Todos os que queirades colaborar na decoración do cole ou nos ensaios do Nadal, non tedes máis que dicilo.Vémonos na Aula de Música.
E como é tradición no noso cole representaremos unha pequena obra relacionada co Nadal. este ano estará a cargo dos alumn@s de sexto de primaria.
Bueno xa vos iremos informando......!!
Tamén, moi pronto saberemos quen son os gañadores das postais de Nadal nas que todos participastes con moita ilusión.
04 noviembre 2012
MAGOSTO 2012







COMEZAMOS OS PREPARATIVOS PARA CELEBRAR O MAGOSTO DESTE ANO.
XA ESTÁN PUBLICADAS AS BASES PARA TODOS AQUELES QUE QUEIRAN PARTICIPAR NO CERTAME DE "TROMPOS DE DESEÑO", ONDE ADEMAIS ESTE ANO, PODEREMOS FACELOS BAILAR NO PATIO.
MAIS, PARA CELEBRAR ESTA FESTA ONDE A PROTAGONISTA É A CASTAÑA, ESTAMOS NA OBRIGA DE COÑECER A HISTORIA DESTES GRANDES PERSONAXES,O CASTIÑEIRO E O SEU FROITO A CASTAÑA.
PARA ISO, OS ALUMNOS/AS DE 4º DE PRIMARIA, XUNTO COA SÚA PROFE MIMÍ, ELABORARON UN CASTIÑEIRO INTERACTIVO, NO CAL PODEDES XOGAR, LENDO AS PREGUNTAS QUE HAI NAS SÚAS FOLLAS E BUSCANDO AS RESPOSTAS NAS CASTAÑAS QUE CAERON AO CHAN.
COMO SEGURAMENTE HAXA MOITOS NENOS INTERESADOS EN XOGAR CO CASTIÑEIRO, TENDES QUE TER MOITO COIDADO CON EL, E POLO TANTO TRATALO BEN!!!!!











































festa do magosto 2012 no colexio Sagrada Familia de Aldán
Etiquetas:
CELEBRACIÓNS ESCOLARES,
CERTAME DE TROMPOS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










